As galerías venden a prazos e un pintor crea o seu propio espacio para expor

Arte con iniciativa

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Dous novos xeitos de achegar a arte á xente amosan a capacidade de iniciativa do sectro en Galicia. Se as galerías coruñesas inician un sistema de venta a prazos con importantes promocións, o pintor Celso Dourado abrirá en breve un espacio artístico construído por el mesmo no que se poderá observar a súa obra.

A letra do cadro


As galerías de arte coruñesas veñen de pór en marcha un novidoso sistema co que pretenden incrementar as súas vendas e achegar a arte ó público. Tratase da venda a prazos con financiamento personalizado que inclúe amplos descontos, dereito a cambiar o producto, sorteos de obras e preferencia para adquirir pezas antes das inauguracións. Ademais ofrecerase asesoramento paersonalizado, o enmarcado gratuíto das obras ou a restauración. Entre as galerías que adoptaron este sistema de venta cóntanse Coarte, Trebellar ou Atlántica.




Un espacio propio

O pintor Celso Dourado abrirá en breve e logo de trece anos de traballo o seu propio espacio de exposición onda a paria das Pasadas en San Miguel de Reinante. Este espacio inclúe xardíns e unha zona cuberta na que se exporán as obras deste pintor. O contorno e a obra estarán en harmonía, con pedras escolleitas e pezas de madeira labradas polo propio pintor, que perdera as mans cando era aínda un neno. a súa pintura é de carácter surrealista, cunha grande presencia do corpo humán e a técnica do pirogravado.

Que che parece esta nova?
8 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Divulgar a arte das sombras

Divulgar a arte das sombras

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro explora novos xeitos de chegar ao público

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galerías de arte

Claves

Conceptos