PM8 asiste a Artissima19, a feira de arte contemporánea de Turín

A obra dos artistas que presentan na cita incide na debilidade do sistema

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Jesús Pedraza Villalba (Córdoba, 1978) e Adán Valecillo (Danlí, Honduras, 1977) son os dous artistas que a Galería viguesa PM8 leva a Artíssima19, a feira de arte contemporánea de Turín (9-11 de novembro). O seu traballo pretende evidenciar a debilidade do sistema, incidindo nos fallos e carencias do sistema construído. Pedraza fala da importancia da imaxe e da autoría no contexto da arte, mentres que Valecillo se sitúa no contexto postcolonial para plasmar dun xeito crítico a loita das culturas autóctonas coa imposta por occidente.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Galería, Córdoba

Claves

Conceptos
Lugares