Jesús Pedraza reflexiona en PM8 sobre a memoria e o cinema

One never-ending,...yesterday. pode verse ata o vindeiro 27 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vitrina de One never-ending,...yesterday

Vitrina de One never-ending,...yesterday

Un antigo xogo infantil. Sobres con secuencias de fotogramas. Unha proxección. O cordobés Jesús Pedraza Villalba desembarca na galería viguesa PM8 co seu proxecto One never-ending,...yesterday. A partir dun visor de xoguete e de lotes de fotogramas, o artista monta un film reunindo secuencias soltas e reflexiona sobre o xeito de percibirmos a imaxe e as capacidades evocativas da mesma como lembranza. Canda a isto pode verse todo o material físico que deu pé ao proxecto.

Sobres con fotogramas
1/6
Fotogramas
2/6
Fotogramas
3/6
Exposición do material de Jesús Pedraza en PM8
4/6
Imaxe de (Porque perdimos la guerra)
5/6
Galería: One never-ending,...yesterday
6/6

Esta iniciativa inaugura os Special Projects de PM8, consistentes en accións paralelas fóra do seu espazo. Así Pedraza ten en marcha en Persuade (Bilbao) a videocreación Porque perdimos la guerra. Neste caso, o vídeo amosa unha serie de papeis de cores nunha mesma estrutura, e está tamén acompañado de material que constribúe á narrativa da obra.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Galería, Narrativa, Guerra...

Claves

Lugares