Andrea Costas achega ao MARCO o seu Desapego

A exposición de fotografías e vídeos pode verse ata o 2 de xullo no centro vigués

8/2/2023 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
7 lecturas | Compartido 0 veces

Andrea Costas Lago. Serie Apoyos. 2021-2022. Foto: MARCO

Imaxes fotográficas, vídeos e unha instalación conforman Desapego, a exposición monográfica de Andrea Costas que se pode ver no MARCO de Vigo desde este 7 de febreiro. O proxecto preséntase como "unha toma de conciencia sobre a maternidade, unha visión en primeira persoa a través da arte, afastada de convencionalismos e idealizacións, no ronsel da obra doutras mulleres como a poeta Adrienne Rich, as fotógrafas Ana Casas e Elinor Carucci, ou a artista Ana Álvarez-Errecalde".

Ata o vindeiro 2 de xullo pode verse esta proposta na que, mediante diferentes soportes, "a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade propia, dende un punto de vista non idealizado, deixando constancia das contradicións e desafíos que supón esta oportunidade ofrecida pola vida para cuestionarnos e crecer".

Comisariada por Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto, a mostra ocupa a galería B1 e sala perimetral do museo e inclúe un programa de visitas guiadas de e obradoiros infantís.

Universo culturagalega.gal

19/01/2010

A arte da destrución

O Museo do Mar amosa os traballos de Baltazar Torres sobre os desastres ambientais

Contextos