Luis González Tosar foi reelexido por unanimidade como presidente do Pen Club

Tosar e o club

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
41 asistentes e 41 votos a favor de Luis González Tosar como presidente, Úrsula Heinz como vicepresidenta e Gonzalo Navaza como secretario, en lugar de Helena Villar. Este foi o resultado da asemblea xeral extraordinaria do Pen Club de Galicia que tiña como principal punto na súa orde do día a votación para escoller os membros dos seus órganos. O programa co que Tosar optaba á reelección puña o seu énfase nun maior impulso da proxección exterior da literatura galega por dúas vías: organizar encontros con escritores de América, África e Asia e promover as traduccións de autores galegos a outras linguas, sobre todo o árabe e o chinés.

Máis información en Galicia Hoxe e na nosa hemeroteca sobre o Pen Club

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gonzalo Navaza, Helena Villar, Escritores, Literatura...