O presidente do PEN Club de Galicia, Luís García Tosar e Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da Asociación Galega de Editores, foron os compoñentes da primeira delegación galega que participou no Salón do Libro de Casablanca. Os contactos que aló realizaron os dous autores cos seus colegas árabes deron en varios proxectos. Entre eles, Fernán-Vello acordou a vindeira publicación dunha antoloxía bilingüe de poetas marroquís na súa editora Espiral Maior, escolma que se verá correspondida por unha publicación semellante en Marrocos. Os dous galegos apuntaron o interese que os seus interlocutores amosaron por facer unha versión en árabe de Si o vello Sinbad volvese ás illas de Álvaro Cunqueiro.
Máis información en Galicia Hoxe