Nunha entrevista publicada hoxe no Faro da Cultura de Faro de Vigo, Miguel Anxo Fernán-Vello, presidente da Asociación de Editores Galegos, apuntou a súa intención de promover unha Axencia Literaria Galega que sirva de vÃa de proxección da literatura que se está a facer, alén diso Fernán-Vello tamén constatou a necesidade de crear unha Cámara do Libro Galego “que permita profundizar en proxectos de tipo económico” e avanzar na internacionalización do sector editorial do paÃs a través da exportación e a promoción. Acompañando a esta Cámara do Libro o presidente da AGE indicou que deberÃa existir “un instituto, chamémoslle Castelao, por exemplo” que promovese a lingua e a literatura galegas no exterior como fan os institutos Cervantes ou Ramón Llull.
Máis información na edición de hoxe de Faro de Vigo