O PEN Clube podería contar cos Centros de Estudos Galegos para apoiar a difusión de autores galegos no mundo

Proxección exterior da literatura

O encontro celebrado este martes entre a xunta directiva do P.E.N. Clube e a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, serviu para concretar os apoios da secretaría xeral ás accións de difusión da literatura galega no exterior propostas polos escritores. A recentemente elixida directiva da asociación de escritores, integrada por LuísG. Tosar, Gonzalo Navaza, Helena Villar e Marilar Aleixandre presentou ante Marisol López actividades que van desde o contacto coas literaturas do Magreb ata unha maior presenza da poesía e da narrativa no Brasil, Angola, Mozambique e Cabo Verde. Tamén contemplou o P.E.N. a necesidade de accións con escritores, editores, tradutores e outros axentes literarios en México, EE.UU., Australia, Filipinas, China e Xapón. López salientou o interese das propostas e asegurou que o seu departamento fará o posible para que os Centros de Estudos Galegos sirvan a estes propósitos de proxección da literatura.

Máis información na Xunta
e no Galicia Hoxe