Non é só a fin dun proxecto cultural que combina teatro, cine en versión orixinal e tÃteres, nin a desaparición da salas de cine máis antigas da cidade, é o peche dunha parte da historia cultural de Santiago. Esta noite a Sala Yago pecha as súas portas cunha festa que pretende servir de homenaxe a todos os que fixeron posible este soño.
“Non é que estea no centro de Santiago, é que a Sala Yago é o centro. Está á mesma distancia da Catedral que da entrada da zona vella” explica Eduardo Alonso, un dos responsables da actividade teatral na última etapa desta Sala que arrincou o seu proxecto en 1946. E foi o centro cultural da vida de Santiago durante case cincuenta anos, os que non cumprirá por mor dunha sentenza xudicial. A que lles dá a razón aos propietarios do edificio para recuperar a súa propiedade unha vez que quebrou a empresa Gesto-Nieto (que lles alugou o espazo en 1946). O actual proxecto de xestión para o teatro ten que despedirse.
As orixes
CorrÃa o ano 1946 cando o espazo situado hoxe nos números 51-53 da Rúa do Vilar deixaba de ser sede de Correos e abrÃa as súas portas como sala de cine. A empresa familiar Gesto Nieto, a mesma que xestionaba “O Capitol”, outro dos grandes cines de Santiago, iniciaba o proxecto cultural deste lugar. Bette Davis e Charles Boyer en “El cielo y tú” foron os encargados de inaugurar esta historia chea de altibaixos.
Nos anos setenta o cine foi un dos máis esplendorosos de todos os que habÃa en Santiago. Francisco RodrÃguez, compostelán asiduo ás proxeccións da Sala Yago, recorda algunha anécdota memorable do lugar “no franquismo facÃanse dúas copias das producións españolas: unha censurada para España e outra sen censurar para o estranxeiro. Acontece unha vez que se confundiron as copias e mandouse á Sala Yago unha que estaba sen secuestrar. Non era que se vise gran cousa, pero era máis do que se podÃa ver. O caso foi que houbo colas á entrada da sala que daban a volta pola Rúa do Vilar e, claro, á policÃa pareceulle raro e foron a ver o que pasaba. Cando se deron conta cambiaron a copia e seguiron”. Vinte anos despois desta anécdota, Francisco segue a formar parte da Saya Yago. Xa non como espectador, senón como parte do engrenaxe que alimenta este proxecto cultural, xa que é o operador de cabina. Pero tamén estivo na venda de billetes e de acomodador. Viviu as épocas gordas, pero tamén as fracas. “Houbo sesións que houbo que interromper porque só habÃa unha ou dúas persoas. Unha vez recordo que a vendedora de billetes non me avisou e na sala habÃa unha única persoa. E claro, houbo que poñerlle a pelÃcula. Púxenlla e marchei facer outras cousas, como houbo un problema coa cinta e soltouse, cando me dei conta arranxeino e fun á sala a desculparme e xa non estaba o tÃo. Estaba o cine baleiro”. Coma estas Francisco ten moitas máis. Comezou a traballar no cine en 1988, nos últimos tempos desa longuÃsima primeira etapa na que estivo á fronte a empresa familiar.
Os problemas
O declive dos grandes cines (malia que a Yago non foi tan grande como outros cines de Santiago como o Capitol ou o Avenida) non lle foi alleo á Yago. A aparición de multicines na capital de Galicia foi determinante para que os seus xestores tiveran que poñerlle fronte aos novos tempos. HabÃa que renovarse ou morrer. E a renovación chegou en 1998 dunha forma práctica e teórica. Dunha banda, acometeu un cambio fÃsico do teatro, que supuxo unha ampliación do escenario, chan, proxector de pelÃculas, equipo de son que acabou nos xulgados por impago. Unha denuncia que supuxo o principio do fin. A outra chegou da man de Jorge Rey, en 1998, co que chegaron a un acordo de explotación que lle permitiu converter a sala nun espazo de tÃteres. Asà a sala ofrecÃa cine polas tardes e teatro polas mañás dos domingos. Pero a denuncia por non pagar as obras de remodelación, acabou nunha poxa pública dos bens restaurados (un total de 38.888 euros). A renovación foi o principio do fin. O 22 de abril de 2002 a Sala Yago pechou as súas portas como cine. Francisco lémbrao moi ben “foi con “En Construcción” a pelÃcula de Jose Luis GuerÃn”. E a pelÃcula debÃa ser un reflexo do que estaba a acontecer na Sala Yago porque mentres a empresa Gesto-Nieto agonizaba, Jorge Rey, responsable de tÃteres Cachirulo e Eduardo Alonso, puxeron en marcha un proxecto cultural multidisciplinar pioneiro en Galicia.
A última etapa
Con TÃteres Cachirulo e Teatro do Noroeste a Sala Yago a Yago volvÃa en setembro do 2002 con novos brÃos. Eduardo Alonso explica que “deseñamos un proxecto que combinase cine, teatro e monicreques, todo isto con diferentes liñas. Mantivéronse os tÃteres para escolares, pero fóronse ampliado para adolescentes e para adultos; o teatro tanto feito en Galicia como fóra e, no caso do cine tiñamos claro que non deberÃa haber unha aposta comercial, senón ciclos especÃficos”.
A Yago gañou o “Premio especial Max” da SGAE, xunto coa Galán e a Nasa (que o rexeitaron) e Teatro do Noroeste converteuse na súa compañÃa residente. Alà botou a andar producións desde “Alta Comedia” ata “Romeo e Xulieta”, pasando polo medio “Feirantes”, “As Damas de Ferrol”, “Ensaio”, “Confesión”, “A Tixola polo mango”, “A Casa do Pai” ou “Imperial Café Cantante: Vigo 1936” .
O proxecto deste espacio escénico foise consolidando ao longo destes cinco anos de programación. Son as propias cifras as que evidenciaron que o seu modelo cultural funciona. Foron 240 dÃas con programación de tÃteres (90 de elles para escolares), 738 con representacións teatrais (dos que 156 para grupos escolares) e 310 de cine en versión orixinal. Dos 61.000 espectadores, 7.500 foron público infantil e 18.500 alumnos de secundaria.
Pero mentres a Yago florecÃa, os xulgados déronlle a razón a familia Rey, propietaria do edificio que volverá ás súas mans cincuenta anos despois de que iniciase o seu proxecto cultural. A sentenza que os obriga a desaloxar chega nun momento no que os xestores estaban a pensar, en palabras de Eduardo Alonso, “en crear espectáculos especÃficos para a sala. E posiblemente o paso seguinte serÃa ter unha compañÃa destinada a facer teatro na sala exclusivamente”
Coa festa desta noite (21:00 horas) péchase unha nova etapa deste teatro. “Recibimos axudas do Ministerio, da ConsellarÃa, do Concello pero os que realmente subvencionaron esta sala foron as compañÃas, que baixaron os seus cachés, que viñeron a actuar aquà para apoiar a sala e o seu proxecto e, para eles, esta festa é de despedida, pero tamén de agradecemento” explicaba Eduardo Alonso.
O futuro
Eduardo Alonso é moi claro “non é que o proxecto sexa exclusivamente para a Yago de feito, é exportable a calquera espazo”. Iso si, o director de Teatro do Noroeste tamén apunta a que se precisan unha serie de caracterÃsticas. “ten que estar nun contorno próximo, ao que a xente teña posibilidades de acceder e cunhas mÃnimas caracterÃsticas de espazo”.
“Xa a vin pechar unha vez, asà que non me extrañarÃa que volvese abrir dentro de pouco” afirma Francisco. O que é certo que a Sala Yago tal e como a coñecemos hoxe non volverá, haberá outra Sala Yago porque tal e como marca o plan especial do casco vello este edificio só se pode destinar a xestión e uso cultural.