Un festival reunirá exemplos das diferentes manifestacións culturais que conviven en Galicia

Macedonia cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cuba, Colombia, Reino Unido, Uruguai, Cabo Verde e, por suposto, Brasil. Estes son algúns dos países que formarán parte de “Integrarte”, un festival convocado pola Consellaría de Cultura que pretende ser reflexo da diversidade cultural que hai no noso país. Para iso, do 30 de xuño ao 2 de xullo a estación marítima de Vigo acollerá representacións de música, danza, artesanía e gastronomía no que será unha festa contra a discriminación e pola integración cultural.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Uruguai, Colombia, Cuba...