O concello zamorano de Lubián celebra as primeiras xornadas de cultura galega mentres o noso país é convidado á Festa do Mar de Brest

De Zamora a Brest

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Lubián, un dos concellos zamoranos onde se fala a nosa lingua, celebra esta fin de semana as súas primeiras xornadas sobre lingua e cultura galegas. A Universidade de Vigo e mais a Asociación Xente Nova das Portelas son os responsables deste evento, que quere apoiar a introdución do galego no ensino nesta zona. Ao tempo, a Consellaría de Cultura anunciaba que Galicia acudirá como país convidado á Festa do Mar de Brest de 2008. Este evento reúne cada catro anos milleiros de persoas que amosan a diversidade cultural das rexións marítimas europeas.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Zamora, La Voz de Galicia, Universidade de Vigo, Ensino...