Muller, nova e licenciada, perfil do xestor cultural galego

Os que xestionan a cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O perfil do xestor cultural público galego é o dunha muller de entre 26 e 35 anos, licenciada universitaria e cun contrato non estable no que desenvolve unha dedicación a tempo completo. Estes son algúns dos datos que achega o informe “As necesidades e demandas formativas dos profesionais da acción cultural pública en Galicia”, que a Consellaría de Cultura colgou hoxe no seu web. O seus contidos debateranse o vindeiro sábado en Compostela o Foro Profesional da Acción Cultural, onde se pretende acordar cos interesados medidas formativas axeitadas para o sector.

Máis información e o informe completo no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela

Claves