Grúas nunha illa paradisíaca, casas a piques de derrubarse e pequenas edificacións de planta baixa rodeadas de edificios de catro andeis. Son só algunhas mostras do urbanismo que se dá en Galicia neste momento. Pero tamén o exemplo de como escritores, debuxantes, artistas e xente aproveita a realidade para a creación artística e, de paso, denuncialo.
Sempre me chamou a atención a illa de Toralla e na serie Filmiños quixen facerlle unha pequena homenaxe asegura Mariano Casas. Este debuxante de banda deseñada presenta nun das súas micrometraxes unha illa paradisíaca, na que dúas grúas fan un enorme edificio. O tema básico é o urbanismo e a idea central era denunciar que non se podería construír en calquera parte e que se deberían pensar no que se fai e as consecuencias que vai ter, afirma mentres comenta que a idea inicial era facer que os coches que ían caendo ao mar formasen unha montaña para que fixeran de ponte para os outros vehículos, pero reduciuno para manter a mesma duración que os outros Filmiños. Un minuto é todo o tempo que precisa Mariano Casas en Coches para denunciar a situación urbanística actual.
Representar a realidade
Moitas veces a creación artística pasa pola observación da realidade. Un exemplo disto é Casas doentes unha exposición fotográfica a partir dun proxecto de Manuel Sendón. No seu blog, Sendón asegura a súa finalidade foi empregar a acumulación de imaxes como un recurso estético. Pero a forma non pode esquecer o contido e coas súas Casas doentes emerxe toda unha crítica ao urbanismo actual. Neste momento estanse a realizar, sen lugar a dúbida, gran número de aberracións arquitectónicas en toda a xeografía galega, pero limitarse ao que se acostuma a denominar feismo pareceme unha simplificación continúa a dicir Sendón que pretendeu fuxir do reducionismo que significaría limitarse a fotografar as devanditas aberracións e da fácil ridiculización que tal posicionamento acostuma a levar implícita. Interésoume máis presentar estas casas con toda a súa dignidade a pesar do estado ruinoso que adquiriron co tempo, centrándome na capacidade evocadora que desta situación se deriva e no potencial que teñen para interrogarnos.
Tamén de fotografía, tamén de exposición e tamén de urbanismo vai o concurso que convocou a Asociación cultural Choiva Ázeda. O I Concurso Fotográfico Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes pretendía que axente saíse as rúas e fotografase aquelo que lle chamaba a atención por aberrante e por irrespectuoso coa paisaxe. Porque hai cousas que ás veces saltan á vista. Paseando polo pobo vimos tremendas barbaridades, non se segue ningún criterio e acaba habendo casas vellas ao lado de edificios enormes ao lado denuncia Marcos Varela membro da asociación cultural que convocou o concurso. O propio Marcos asegura que cando se fan concursos de fotografía, a xente nunca saca as cousas feas e nos quixemos facer a denuncia. O resultado foi un alto número de participantes e, coas fotografías recibidas, montouse unha exposición. Temos previsto facer outra edición pero ao mellor cambiamos a temática. En lugar de facer feismo facemos o contrario, que a xente fotografíe aquelo que considera o máis bonito, por exemplo, asegura o responsable desta asociación que leva varios anos desenvolvendo múltiples actividades como festivais ou charlas.
Manuel Sendón asegura que é frecuente que a crítica se limite ao feismo do mundo rural, esquecendo decote a arquitectura que se está a realizar nas cidades e vilas, a súa irracionalidade, o gosto polo pastiche e a salvaxe especulación da que son producto. Mentres un número importante de casas doentes se converten en fantasmas.
Canda este traballo de Manuel Sendón, a súa filla Olaia concursou no Festival de Málaga con A casa de Lola de Andrés. Un traballo no que Olaia parte dunha vivencia persoal (está moi arraigada coa Corta da Morte malia nacer en Vigo e vivir na Coruña) para dar a coñecer en 34 minutos o que cambiou o barrio do Sardiñeiros por culpa da presión inmobiliaria. Era o primeiro paso dun proxecto máis amplo que se denominará A Costa Defunta no que pretende dar a coñecer a través de experiencias audiovisuais, gráficas e escritas sobre os cambios que se producen na Costa da Morte.
Menos estético e máis crítico (en clave de comedia) é Mariña doro vídeo pendurado de Youtube no que Pepa Yáñez, Miguel de Lira e Pepe Penabade ironizan sobre o urbanismo da mariña lucense.
Educación
Ao abeiro de todas as medidas adoptadas pola Xunta para combater o urbanismo incontrolado, o Executivo e o Colexio de Arquitectos de Galicia puxeron en marcha un proxecto que se concreta en unidades didácticas, videos, dvds e outros soportes cuxos contidos xiran arredor de tres eixes: a arquitectura popular, a arquitectura contemporánea e mais a identidade territorial. Era o Proxecto Terra, que incluía desde unidades didácticas docentes ata unha banda deseñada debuxada por Miguelanxo Prado: A Mansión dos Pampín. Un traballo polo que o Saló do Comic de Barcelona lle concedeu o premio ao mellor guión e á mellor obra e que se pode descargar no web do proxecto.
Na presentación do cómic, o deseñador coruñés subliñou que os alumnos e alumnas lerán por si soa esta historia en clave de humor e ironía e despois, nunha segunda lectura os educadores poderán promover unha reflexión e debate sobre o urbanismo, o feismo arquitectónico e os contornos nos que se sitúa o trasfondo da obra.