Profesores das tres universidades crean un espazo de debate liberal e humanista

Pensamento en foro

8/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
18 lecturas | Compartido 0 veces
O Espazo Europeo de Ensino Superior, o patrimonio natural galego e as raíces humanistas de Europa son algúns dos temas que vai analizar o Foro Galicia Milenio. Trátase dunha entidade constituída onte en Santiago na que participan medio cento de persoas, entre profesores das tres universidades e persoeiros da cultura e da sociedade galega. María Teresa Cancelo, José Antonio Constenla e Mercelino Agís fan parte da xunta directiva desta sociedade que organizará conferencias, debate, xornadas e seminarios relacionadas coa cultura, a ética, a política e o medio natural, entre outras áreas.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Europa, Ensino

Claves

Lugares