O convenio asinouse o pasado mes de marzo, pero o Foro Galego do Audiovisual comezou a funcionar formalmente onte cun acto protocolario. Ábrese así un espazo de debate par ao sector que ten como obxectivo realizar actividades culturais, formativas, de investigación e de promoción para dinamizar e difundir o sector e os seus axentes. Ademais, na sesión inaugural presentouse AG unha publicación que pretende recoller actualidade, crítica e reflexións sobre o sector.
Máis información en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe e no web da revista AG