O Consorcio presenta a súa memoria anual na que destaca o despregamento internacional do noso audiovisual

As cifras do Consorcio

14/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Consorcio do Audiovisual de Galicia naceu no 2002 co obxectivo de impulsar a produción propia, a coprodución e a súa distribución. Unhas intencións que se concretaron no chamado “Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego”, que fomentaba a asistencia a festivais internacionais. O resultado do traballo puido comprobarse onte, cando o xerente do Consorcio, Ignacio Varela, deu a coñecer a súa memoria relativa ao 2005. Nela figuraba que as exportacións galegas pasaron do “0.5% no 2002 ata o 5 ou 6% na actualidade”. No plan de actividades para este ano continúa a promoción exterior e haberá unha Semana de Cine Galego en Cuba, un curso de posgrao coa universidade na Coruña e uns encontros de axentes de publicidade para rodar os seus traballos en Galicia.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia, en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Consorcio Audiovisual de Galicia...