A xestión da Cidade da Cultura contará desde o ano que vén con capital privado. Nun primeiro momento (e asà figura nos orzamentos que se acaban de remitir ao Parlamento) esas achegas ingresaranse a través de figuras como o patrocinio e o mecenado. Asà o apuntou o Conselleiro de EconomÃa, José Ramón Fernández Antonio, nunha comida con xornalistas. AlÃ, segundo explica “Faro de Vigo”, asegurou que se avanzou moito nas últimas semanas nos contactos para garantir a achega de fondos privados. Segundo este medio, o punto de arranque está na constitución da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (integrada por Inditex, Coren, as caixas ou as universidades). A partir de aà a Xunta creará unha fundación de carácter privado para a xestión económica e de contidos dun complexo que o conselleiro cualifica como “internacional, non de Santiago nin de Galicia”.
Máis información en La Voz de Galicia, no Faro de Vigo, en El Correo Gallego, en Galicia Hoxe, en Vieiros e na nosa hemeroteca sobre a Cidade da Cultura e a constitución da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento