Os expertos consideran que a edificación descontrolada é a principal ameaza do medio

Un día polo medio

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A día de hoxe no noso país constrúense seis vivendas por cada habitante novo. Pero non todas as novas edificacións están reguladas nin organizadas, por iso, no Día Mundial do Medio, biólogos e ecoloxistas piden unha ordenación racional do territorio. Canda as numerosas iniciativas convocadas para lembrar a importancia de respectar o medio, a editorial Sotelo Blanco presenta hoxe o libro “A pegadas socioecolóxica do sistema enerxético galego” que abre a colección Zona Verde para analizar a problemática ambiental. Pola súa parte, o titular de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, avogou hoxe polo fomento das enerxías renovables como ferramenta para loitar contra o cambio climático.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego , Galicia Hoxe e na declaración de Manuel Vázquez no web da Xunta

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vázquez, Galicia Hoxe, Sotelo Blanco, El Correo Gallego...