Os ecoloxistas convocan unha manifestación polo Día Mundial do Medio Ambiente, mentres Touriño presenta un programa para a explotación dos recursos mariños

Cousas do medio

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha celebración que aproveitaron onte as asociacións de ecoloxistas para convocar unha manifestación. Baixo o lema “Pola Defensa do noso patrimonio natural” esixiron un cambio na política urbanística así como a aplicación da Rede Natura. Neste día tamén está prevista a primeira visita de Emilio Pérez Touriño, como presidente da Xunta ás Illas Cíes, onde presentará o programa “Amares”, que promove a explotación sostible dos recursos mariños. Polo demais, “La Voz de Galicia” publica hoxe que só sete industrias galegas superaron no 2005 o límite de emisións de dióxido de carbono (CO2) marcado polo Ministerio de medio Ambiente.

Máis información sobre a manifestación enGalicia Hoxe, sobre a visita de Touriño no web da Xunta e sobre as industrias galegas e a emisión de CO2 en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Emilio Pérez Touriño, Rede Natura, Asociacións...