As festas de San Froilán chegan con forza a Lugo

As festas de San Froilán chegan con forza a Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As festas de San Froilán chegan con forza a Lugo

Actos diurnos

Ademais da música que comezará a partir das oito da tarde, durante todo o día realizaranse unha serie de actos como os torneos de golf e de fútbol infantil. As once e media da mañá procederase á tradicional apertura da porta Bispo Aguirre, cara as doce, xogarase unha partida de axedrez xigante na praza da Soidade. durante toda o díahaberá pasarrúas e malabares. E pola tarde, a xornada de xogos populares e o festival internacional de marionetas. Ás seis celebrarase o IV Trofeo San Froilán de Fútbol

Cara a Noitiña

As sete da tarde o grupo Achádego representará no recinto ferial Os pelúdez entre nós, e unha despois comeza o primeiro dos concertos, o jazz da Larry Martin Band en Campo Castelo. Só unha despois Tito Paris traerá o acento de Cabo Verde á Praza de Santa María. Ás 22:30 os fogos artificiais e o concerto de Café Quijano no Pabillón dos Deportes.


Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Castelo, Jazz, Medios de comunicación...