Bandas deseñadas para San Froilán e os riscos da rede

Dúas propostas didácticas para os máis novos adoptan o formato de cadriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A coincidir coas festas por excelencia da Cidade da Muralla, a Editorial Diócesis de Lugo presentaba o pasado 3 de outubro San Froilán. El lobo y otras historias. Esta banda deseñada conta con debuxos de Manuel Rajal Fernández, que se encarga tamén do guión canda a Vanesa Ferreiro Blanco. En total editáronse 2.000 exemplares dunha obra que quere dar a coñecer de xeito didáctico e divertido a vida e milagres do patrón da cidade.

Canda a esta, tamén se publicou nas últimas semanas outra banda deseñada didática, dedicada desta volta ás novas tecnoloxías. O Valedor do Pobo e a Consellaría de Traballo lanzaron 30.000 exemplares de Os perigos de Internet, un cómic con guión de Gemma Sésar e debuxos de Ramón Marcos que tenta conscienciar os mais novos da necesidade de ser coidadosos na súa vida virtual. A obra distribuirase en centos educativos de todo o país.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Banda deseñada, Cidade da Muralla, Lugo...