Manuel López Poy asina a biografía de Valle-Inclán en banda deseñada

Preséntanse novas BDs dedicadas ao Camiño de Santiago e ao axedrez

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa da biografía de Valle-Inclán da editorial Cascaborra

Capa da biografía de Valle-Inclán da editorial Cascaborra

Están xa a chegar ás librarías os exemplares de Valle-Inclán a biografía en cómic do autor galego que lanzaba Cascaborra Edicións co final de 2021. A obra conta con guión do galego Manuel López Poy, veterano autor de propostas como a serie La espada de San Eufrasio ou Os días do cometa e debuxos do vasco Kepa de Orbe. A obra ve a luz no marco das proposta de BD histórica da editora, e repasa a vida e o mito do literato e dramaturgo a partir dun intenso traballo de investigación.

Pola súa banda, Demo Editorial tirou do prelo este mes de decembro Destino Santiago, unha obra de carácter humorístico que achega á novena arte a experiencia persoal de Helder Rodrígues Parrinha na súa peregrinación á capital galega.

Desde Marín, Rafael Núñez debuta na banda deseñada con Los reinos del ajedrez, unha obra na que se explican os secretos deste xogo desde a perspectiva das propias pezas. O vasco Aitor Vidaurreta corre coas ilustracións desta obra autoeditada de 40 páxinas en branco e negro.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cuadrante número 22

A entrega aborda o último ano de vida de Valle-Inclán en Compostela ou a música inspirada na súa obra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel López, Banda deseñada, Camiño de Santiago, Guión...