A revista oral Letra das Festas xirará arredor do polbo de San Froilán

A sétima edición desta actividade de narración literaria celebrarase en Lugo coincidindo coas festas

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
A revista oral Letra das Festas xirará arredor do polbo de San Froilán

A revista oral Letra das Festas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) aproveitará a celebración do San Froilán en Lugo para celebrar a súa sétima edición que neste caso xirará temáticamente arredor do pulpo. A gran estrela culinaria do San Froilán servirá de fío condutor para narrar historias e anécdotas, sucedidos acontecidos nas “casetas” e protagonizados por pulpeiras, mesoneiros e grandes comedor@s do polbo. Isidro Novo, Lois Pérez e Antonio Reigosa coordinan e presentan este VII Letra das Festas no que contan coa participación de Fernando Arribas, Xosefa Anllo Fernández, Aida Soengas, Aurora do Carballiño e Amador Porta Alfonsín adeemais da ambientación musical a cargo da formación Os Minhotos. Contando co apoio da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo o acto celebrarase no Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (rúa Alcalde Anxo López Pérez, 34), o martes, 10 de outubro, ás 18:00 horas, con entrada gratuíta até completar aforo.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pérez, Isidro Novo, Antonio Reigosa, Xuventude...