O pop máis alternativo no prato forte deste San Froilán 2000

Fangoria, Sexy Sadie e Los Planetas hoxe en Lugo

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

Esta noite o San Froilán chega ó seu penúltimo día. E faino cun macroconcerto que xuntará no pabillón municipal dos deportes a Fangoira, Sexy Sadie e Los Planetas. Tres grupos que están revolucionando o concepto do Pop no noso país.

Presentación do seu novo traballo


O grupo mallorquín Sexy Sadie e o granadino Los Planetas chegan a Lugo coa presentación do seu novo disco baixo o brazo. De feito, é nesta cidade onde arrancan as súas respectivas xiras de presentación. Os que se acheguen ó pabillón lucense poderán escoitar o Unidad de desplazamiento de Los Planetas ou Butterflies de Sexy Sadie.




Música local

Ademais de pop nacional, haberá máis música hoxe en Lugo. Ás oito no antigo Seminario, o trío FHA poñerá a emoción ata que Hamlet saia a escena. Hamlet e un grupo que está caracterizado por estar na vangarda do metal nacional.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Lugo, Hamlet

Claves

Conceptos
Lugares