Culleredo abrirá unha biblioteca dedicada en exclusiva á poesía e dirixida por Fernán-Vello

Biblioteca Novoneyra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Pazo de Correa, no Concello de Culleredo, acollerá esta biblioteca que levará o nome de Uxío Novoneyra. O poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello achegará os seus fondos particulares a esta biblioteca que el mesmo dirixirá . O concelleiro de cultura en funcións, Celestino Poza, indicou recentemente que o director de Espiral Maior cederá a súa biblioteca particular, así como manuscritos de autores galegos. Está previsto que desde a biblioteca se organice unha aula de poesía, ademais de programar obradoiros e charlas, presentacións de obras de autores locais e actos relacionados con Novoneyra.

Máis información en En el Burgo

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Uxío Novoneyra, Concello de Culleredo, Espiral Maior

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares