Alonso Montero e a Universidade da Coruña publican poemas inéditos de Novoneyra e de Curros

Inéditos e con música

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ambas as dúas son obras inéditas, ambas as dúas son poesía e ambas as dúas acaban de saír á luz por parte de dúas universidades. A Universidade da Coruña e a Biblioteca-arquivo Teatral “Francisco Pillado” acaban de publicar unha obra inédita de Ramón Cabanillas “A Virxe do Cristal”, que é a adaptación para ópera que fixo este autor a partir dun poema de Curros Enríquez. E por outro lado, Xesús Alonso Montero publicou na revista “Madrygal”, da Complutense de Madrid, “Abrojos”, un poemario inédito de Uxío Novoneyra.

Máis información sobre o poemario de Curros en El Ideal Gallego , e sobre o poemario de Novoneyra en El Progreso.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, Xesús Alonso Montero, Ramón Cabanillas, Ramón Cabanillas...