Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mercedes Peón aproveita o éxito do tema orixinal da serie Mareas vivas para sacar o seu primeiro disco "Isué"
Mercedes Peón aproveita o éxito do tema orixinal da serie Mareas vivas para sacar o seu primeiro disco "Isué"
novembro 1, 2000
Isué (Resistencia, 2000) é o primeiro traballo da artista coruñesa Mercedes Peón, que dende os dezasete anos percorre a xeografía musical galega recuperando ás raíces tradicionais no mesmo campo onde nacen. Mercedes Peón pasou tres anos preparando este disco, a boa acollida que ten entre a xente o tema que fixo para a serie "Mareas vivas" animouna a sacalo. De feito ese mesmo tema "O Mar" aparece neste álbum cunha entrada a capella. No disco a artista non rexeita certos tipos de mestizaxe coas músicas norteafricanas, nas que atopa similitudes cos ritmos galegos que a fan "mirar máis cara o sur." O disco presentouse a mediados de outubro e, segundo a artista, é "un traballo feito con todo o amor" que pretende expresar a súa aprendizaxe e coñecemento da tradición musical oral.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 2/ 2022 | Pancho Álvarez e o dúo Caamaño & Ameixeiras parten como favoritos nos XXI Premios Opinión
- 4/ 1/ 2012 | SÓS de Mercedes Peón está entre os mellores discos de raíz de 2011
- 14/ 2/ 2008 | Os Premios da Música contan con nove galegos que acaparan dez candidaturas
- 8/ 5/ 2007 | As cantareiras Ialma presentan o seu terceiro traballo discográfico
- 12/ 4/ 2007 | Vigo acolle o concerto de presentación do novo disco de Mercedes Peón