Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O selo independente Lixo Urbano saca o segundo disco dedicado a bandas punk rock galegas e estranxeiras

UNHA COLECCIóN A TODO LIXO

O selo independente Lixo Urbano saca o segundo disco dedicado a bandas punk rock galegas e estranxeiras

ROCK | marzo 15, 2001

not_7470.jpg

Desde debaixo da terra, as bandas independentes máis ruidosas atópanse reunidas no segundo recompilatorio do selo musical Lixo Urbano Ediçons: "Killer Lixo vol.II -O retorno do Lixo Assassino". Punk-rock en galego, español e inglés feitos por bandas de todos os recantos do mundo. Desde os composteláns Fame Neghra aos finlandeses The Flaming Sideburns, pasando por vascos, cataláns ou madrileños. Esta variedade supón unha internacionalización do traballo desta casa, que xa sacara un volume de Killer Lixo "o primeiro recompilatorio galego de punk-rock" só con grupos galegos. Aquí presentan unha mostra da presenza galega neste recompilatorio. Desde Compostela os Samesugas ou o xa desaparecido Fame Neghra; desde Vigo unha formación con historia, Foggy Mental Breakdown, e desde Coruña chega Mistakens. Outra banda coruñesa que comeza a soar "Thee virus" aportou a este recompilatorio "Como un animal". Rematamos cunha versión dun clásico do xénero, "Those boots are made for walking", a cargo do novo grupo Japón 84, no que participan algúns ex-membros de Fame Neghra.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
The look
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Quero dormir
datos do disco