Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Do Cumio edita un duplo CD co concerto de homenaxe a José Afonso en Castrelos no 1985

CONCERTO AO VIVO

Do Cumio edita un duplo CD co concerto de homenaxe a José Afonso en Castrelos no 1985

CANTAUTOR | decembro 1, 2000

not_7464.jpg

"Galiza a José Afonso" (Edicións do Cumio, 2000) é un duplo CD que constitúe, ademais de o seu innegable valor musical, todo un documento sonoro dun momento histórico: o concerto que reuniu en agosto de 1985 a amigos e admiradores do cantautor portugués durante máis de doce horas no Parque de Castrelos, en Vigo. Unha auténtica maratón musical e cultural na que poetas, músicos e escritores homenaxearon a Zeca Afonso, que naquel momento estaba loitando contra a doenza que o consumía. O concerto, que tiña entre os seus obxectivos reunir diñeiro para axudar o Zeca no grave momento que vivía, foi quizais o máis semellante ó Woodstock americano, que houbo nestas terras. Así, saltaron ó escenario: poetas para recitar algúns dos temas e ideas que el defendía, amigos que lle dedicaron unhas palabras, músicos para recrear ó propio Zeca e pechando a homenaxe o grupo de maior resonancia musical da época, Fuxan os Ventos.

AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Grándola vila morena
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Iste vaise...
datos do disco