Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Brais Moran abre a pista de baile con 'Revolución Chic'

O TERCEIRO TRABALLO DO ARTISTA PON A XIRAR A BOLA DE ESPELLOS CUN SON DE INSPIRACIóN SETENTEIRA

Brais Moran abre a pista de baile con 'Revolución Chic'

POP | febreiro 15, 2024

braismoran_revolucionchic.jpg

Seis anos tardou Brais Morán en presentar este novo traballo discográfico que é o terceiro do seu percorrido en solitario, aínda que neste caso asina acompañado da formación Nasaufunk. 'Revolución Chic" (2024) é unha nova mostra da actitude musical vitalista e aberta deste artista, alegre e buscando mover os corpos ao baile, neste caso entrando nas sonoridades da música 'disco' dos anos 70 nas súas formas mais 'negras' . Son dez temas e un remix do que dá título ao álbum e en todos eles podemos notar ecos coñecidos pero ao mesmo tempo baixo unha produción actualizada na que se nota a man de Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios). Non deixamos de ter na mente ao escoitalo a enerxía daquel mítico programa americano da primeira música disco 'Soul train' pero ao tempo notamos influenzas moito máis modernas que van empapando o son en cada recuncho e mesmo hai momentos do funk tropicalista que xa estaba en anteriores traballos de Morán. A sala Garufa da Coruña acollerá o vindeiro 1 de marzo o concerto de inicio da xira de presentación deste traballo no que Morán estará acompañando da formación Nasaufunk (Xabier Cid, Fran Castro, Manu Seoane e Antón Torroncho) que tanto achegan en cada tema.



datos do disco