Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A aceleradora musical Sonemerxente inicia segunda edición con 12 artistas

A FUNDACIóN PAIDEIA ACORDA CON MAHOU A INCLUSIóN DALGúNS ARTISTAS NO CIRCUíTO DE CONCERTOS DA MARCA

A aceleradora musical Sonemerxente inicia segunda edición con 12 artistas

MISCELáNEA | decembro 20, 2023

imaxe non dispoñible

A segunda edición da aceleradora musical Sonemerxente, impulsada pola Xunta e xestionada pola Fundación Paideia Galiza, xa conta cunha lista de 12 grupos e artistas emerxentes que entraran no seu programa de formación e promoción. Abril, Amoebo, Candela Liste, Catuxa Salom, Eris Mackenzie, Filloas, French Riviera, Futuro Alcalde, Habló Pablo, Javier Lago, Marián e Verter GZ son os proxectos seleccionados nesta nova xeira da iniciativa, para a que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades consigna unha dotación de 240.000 euros procedentes dos fondos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno de España. A ducia de proxectos seleccionados desta volta súmanse a Adrian Timms, Ani Baires, De Ninghures, Helena Egea, Hydn, Law, Mondra, Paraíso Canto, Samudra Trio e Zeltia Irevire, que participaron durante 2023 na primeira edición de Sonemerxente.

O proceso de aceleración desenvolverase en dúas fases. A primeira delas consistirá nunha serie de consultarías individualizadas e grupais, tanto presenciais como telemáticas, que incluirán diferentes accións de mentorización co foco posto na proposta artística, produción, promoción, comercialización e modelo de negocio. En concreto, o programa de formación grupal articularase arredor do discurso como elemento esencial para a conexión co público, a posta en escena, a produción de temas musicais e de videoclips, a estratexia no negocio da música en directo e o benestar emocional dos artistas. A segunda fase dedicarase á promoción e difusión dos proxectos a través da súa participación en circuítos de concertos, festivais e mercados profesionais, dentro e fóra de Galicia, ademais de nun evento final de presentación das propostas.

Acordo para actuar nos circuítos de Mahou
Xustamente de cara a cumprir os obxectivos desa segunda fase, a Fundación Paideia ven de asinar un acordo de colaboración coa empresa cerveceira Mahou, para a promoción do talento musical, a través do que Mahou seleccioanrá de entre os proxectos participantes en Sonemerxente aqueles que seguindo eles "conten con maior proxección u oportunidade de desenvolvemento" para a súa participación en diferentes plataformas de promoción da marca. Segundo o acordo asinado Mahou garantirá que cada un dos proxectos poida levar a cabo un mínimo de 5 actuaciónes en directo, dentro dos circuítos musicais desenvolvidos pola cerveceira tanto en Galicia coma no resto do territorio nacional. Cada unha desas actuacións, formará parte da campaña de comunicación da marca e contará con remuneración e gastos cubertos para os seleccionados.