Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xoel López publica o seu novo disco 'Caldo Espírito'

O NOVO DISCO é UN EXERCICIO DE LIBERDADE CREATIVA QUE ABRAZA AS SúAS ETAPAS SONORAS ANTERIORES

Xoel López publica o seu novo disco 'Caldo Espírito'

POP | outubro 11, 2023

imaxe non dispoñible

Xoel López presentou a pasada semana o que é o seu décimo sexto álbum, 'Caldo Espírito' (Esmerarte 2023), un disco que entre os seus once novos temas inclúe unha canción no noso idioma 'Xiana', pechando o disco. O álbum xa está dispoñible nas plataformas dixitais ademais de en formato físico (CD ou vinilo). O lanzamento deste traballo chega acompañado da estrea do videoclip do tema "Mágica y Eterna" e a única presentación prevista de "Caldo Espírito" terá lugar o 29 de novembro no WiZink Center de Madrid.

O novo traballo do coruñés preséntase como " obra complexa e intimista, un auténtico exercicio de liberdade creativa" que, segundo a comunicación que acompaña demostra a madurez compositiva do autor aos seus 46 anos. Neste 'Caldo espírito' podemos atopar con todo etapas pasadas do seu percorrido sonoro, incluso chegando á referencia do brevemente resucitado proxecto de Deluxe, recoñecible no tema "Fort Da". 'Caldo Espírito' transita desde as sonoridades de cantautor clásicas, ata o pop, a New Wave de The Smiths, tan presentes nese "Ochomil", o rock ou a fusión con ecos étnicos semellantes aos que amosou no celebrado 'Atlántico' (2012) que déixanse ver en 'Faneca Brava' ou 'Salitre y Humo'. Impera ao longo dos once temas unha sensación de procura dunha calidez intimista que se amosa ás claras no propio título do disco.



'Xiana', a única canción en galego do álbum preséntase como "posiblemente a máis complexa e persoal" deste disco. Neste tema expresado como un diálogo crú do autor co seu propio lado feminino Xoel expresa a ruptura cos ideais da xuventude e o golpe da inxenuidade ao atoparse coa realidade da vida e verse obrigada a transformarse para aguantar nun mundo agresivo, "unha exploración da propia identidade e a dualidade da existencia" para a que o coruñés usa o idioma propio da súa terra.
O proceso de gravación de 'Caldo Espírito' (Esmerarte, SONY Music) contou con colaboradores como Domenico Lancellotti, Lucas Piedra Cueva, Leo Aldrey, Adrián Seijas e Carles Campi Campón, entre outros. O disco foise tecendo en diferentes localizacións do globo terráqueo: desde casas rurais nos montes galegos a outras situadas en territorio mexicano. Contou Xoel coas voces de Meritxell Neddermann, Marina e Teresa de Repion e algunhas destas cancións como 'Elevarte y caer" ou "Pena penita"

datos do disco
Ligazóns