Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival WOS anuncia o seu cartel con dúas estreas mundiais

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE O ENCONTRO DE MúSICA ELECTRóNICA ENTRE O 14 E O 17 DE SETEMBRO

O festival WOS anuncia o seu cartel con dúas estreas mundiais

ELECTRóNICA | agosto 25, 2023

imaxe non dispoñible

Dúas estreas mundiais e dezasete a nivel estatal destacan na presentación do programa do VII WOS Festival x SON Estrella Galicia, que celebra a súa nova edición en Compostela entre os vindeiros 14 e 17 de setembro. Unha trintena de espectáculos de arte sonora a cargo de formacións dunha quincena de países compoñen un programa no que se entrecruza "a música de vangarda máis evocadora cos sons de baile do presente-futuro".

Segundo adianta a organización, que presentou o programa este 24 de agosto, o británico o británico Actress aka Darren J Cunningham aparece como principal estrela do cartel, a compartir protagonismo coa americana Laurel Halo e a estrea do novo espectáculo da xaponesa Midori Takada. A outra estrea mundial prevista será a de Alex Aller & Margarida Mariño present Transmutation, mentres a australiana CORIN aproveitará a cita para dar a coñecer a súa nova proposta a nivel europeo.

Tamén serán estreas a nivel estatal o concerto Shackleton & Zimpel with Siddhartha Belmannu and Pedro Maia e mais object blue & Natalia Podgorska. Black Rave Culture, Iceboy Violet, Patricia Wolf, Marlene Ribeiro ou Croatian Amor e Loke Rahbek & Frederik Valentin.

A escena galega estará representada no programa con Ivankov, JUAIT, Alex Aller & Margarida Mariñou, Akazie e Kosu Nes & Urok. A entradas sairán á venda este 29 de agosto a partir das 12 da mañá.

Ligazóns