Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un escenario para músicos galegos emerxentes no Festival de la Luz

NEL PODERáN VERSE AS ACTUACIóNS DAS 10 PROPOSTAS PARTICIPANTES NA ACELERADORA DE PROXECTOS MUSICAIS DA XUNTA

Un escenario para músicos galegos emerxentes no Festival de la Luz

MISCELáNEA | agosto 9, 2023

imaxe non dispoñible

O Festival de la Luz inclúe este ano un novo espazo que se dedicará ao talento musical emerxente de Galicia. Deste xeito entran no seu cartel deste ano os 10 artistas e grupos saídos da aceleradora de proxectos musicais que a Xunta de Galicia está a desenvolver en colaboración coa Fundación Paideia Galiza. O evento de Boimorto contará cun escenario Sonemerxente, que toma o seu nome do da devandita iniciativa, polo que o sábado 26 pasarán Paraíso Canto, Samudra Trío, Zeltia Irevire, De Ninghures, Adrian Timms e Hydn, mentres que o domingo 27 será a quenda de Ani Baires, Helena Egea, Law e Mondra. Todos eles incorpóranse así á programación do encontro que na última fin de semana de agosto reunirá máis dunha trintena de coñecidos nomes do panorama estatal e galego, con Reincidentes, Viva Suecia e Rayden como cabezas de cartel.