Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Furious Monkey House escurece o seu son con Oneiric

A BANDA ESTá EN PLENA XIRA DE PROMOCIóN DO SEU TERCEIRO áLBUM DE ESTUDIO

Furious Monkey House escurece o seu son con Oneiric

ROCK | abril 28, 2023

FMH_Oneiric_Portada.jpg

A banda pontevedresa Furious Monkey House está en plena xira de presentación do seu novo álbum Oneiric. Neste seu terceiro traballo, o grupo evolúe cun son no que combina o rock dos 90 con propostas que se achegan ao synth pop sen abandonar o peso das guitarras e achegando texturas máis densas e escuras ás súas propostas, a incorporar reverbs e sons atmosféricos.

Nas súas influencias, a banda lista nomes como FKA Twigs, Telefon Tel Aviv, The Cure, Tame Impala, Björk, Sonic Youth ou Portishead. Segundo a cantante Mariña Paz, o álbum, "é probablemente o máis honesto e o que máis nos representa neste punto das nosas vidas. Aceptamos o camiño que aínda nos queda por percorrer, tropezamos, dubidamos, sentímonos sós ou perdidos, observamos ao noso arredor e tentamos facer a viaxe o máis agradable posible".

Logo de presentar o álbum en Pontevedra, A Coruña e Donosti, o grupo continúa xira por Mayorga (28 de abril), Valladolid (12 de maio), Benavente (13), Madrid (19), Albacete (20) e Vitoria (21). A final deste mes de abril está a chegar ás tendas a edición física do álbum en formato vinilo de edición limitada, editado por Esmerarte. O traballo gravouse entre os estudios Planta Sónica de Vigo e Bonobo de Pontevedra, con produción de Iago Lorenzo e do baixista Gonzalo Maceira.

datos do disco