Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Måi preséntase co álbum Nigredo

A NOVA FORMACIóN DE ISEO AGILDA VEN DE PUBLICAR O SEU TRABALLO LONGO

Måi preséntase co álbum Nigredo

FUSIóN | febreiro 17, 2023

nigredo_mai.jpg

Xa está dispoñible o disco 'Nigredo', primeiro traballo longo de Måi, unha nova formación liderada pola artista Iseo Agilda, que conta co produtor Tomás Ageitos e a cellista Margarida Mariño. Unha década de traxectoria musical en outros proxectos como Sacha na Horta e Blues do País avala a experiencia de Iseo, que con Måi fao o seu proxecto máis persoal, que presenta a través da Plataforma A Regueifa 2.0. Nos oito temas que presenta 'Nigredo' ofrécese, segundo comunica a plataforma, unha simbiose do orgánico e o artificial que vai do folk ao pop e á electrónica, unha proposta que parte dun son moi persoal, urbano e ecléctico, deseñado xunto a Tomás Ageitos na produción e composición e gravado en Estudios A Ponte. O cello de Mariño xúntase co manexo da electrónica de Ageitos que actúa sobre ás percusións tradicionais na creación de atmosferas densas e cálidas nas que sobrevoa a voz de Iseo. O disco xa pode escoitarse nas principais plataformas en rede. O álbum conta tamén coas colaboracións nas voces de Yolanda Pose (Pura Mesura), achegando o seu rap no tema "Cando volvan as mareas" do que xa hai un vídeo de presentación; e de Fernando Barroso co oud e o bouzouki no tema Inshalla.

datos do disco
Ligazóns