Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nova edición do encontro 'Tradición en Feminino'

A CASA DE ROSALíA ACOLLERá OS ACTOS NOS QUE SE DEBATERAN OS ESTEREOTIPOS DE XéNERO NA MúSICA TRADICIONAL

Nova edición do encontro 'Tradición en Feminino'

FOLK | novembro 15, 2022

imaxe non dispoñible

Dar visibilidade e recoñecemento ao papel da muller no eido da música e o baile tradicional é o obxectivo do encontro " Tradición En Feminino que este ano chega a súa cuarta edición. A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) en colaboración coa Deputación da Coruña. organiza este evento que o vindeiro domingo 20 de novembro terá lugar na Casa de Rosalía en Padrón. O programa ofrece relatorios e debates que incidirán en aspectos como os estereotipos de xénero na música e o baile tradicional e as vías da súa erradicación. Ademais tamén se presentarán publicacións e proxectos. O encontro poderá seguirse tamén en liña a través do perfil de Facebook da AGG.

Ligazóns