Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festivala volta a Vilagarcía o 26 de agosto

A BANDA DA LOBA, DE VACAS OU KUMBIA QUEERS ENCABEZAN O PROGRAMA DO EVENTO DE CREACIóN FEMININA

O Festivala volta a Vilagarcía o 26 de agosto

MISCELáNEA | agosto 11, 2022

imaxe non dispoñible

Co foco posto na saúde mental, o Festivala. Mulleres creando celebra os vindeiros días 26 e 27 de xullo a súa nova edición en Vilagarcía de Arousa. As actuacións musicais de A banda da Loba, De Vacas e Kumbia Queers encabezan o cartel desta iniciativa, que reúne ademais a La Yaya Dj, KDJ, Señora DJ e Sofía DJ.

O programa conta tamén cunha exposición centrada na saúde mental que se desenvolve entre o 20 de agosto e o 5 de setembro, unha feira o día 27, unha conferencia sobre saúde mental en diferentes etapas da vida que se desenvolverá o 3 de setembro e mais a proxección do filme We need to talk about Kevin o día 7. Todas as actividades terán entrada de balde.