Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A décima edición do Surfing the Lérez ofrece tres días de música galega

HOXE FAISE UN CONCERTO DE PRESENTACIóN E O FESTIVAL TERá LUGAR A SEMANA QUE VEN

A décima edición do Surfing the Lérez ofrece tres días de música galega

MISCELáNEA | xuño 17, 2022

imaxe non dispoñible

O Surfing the Lérez máis longo celébrase a semana que ven e preséntase hoxe xa cun concerto de Tony Lomba. O festival pontevedrés da Illa das Esculturas presentou este ano a súa décima edición cun programa de tres xornadas e cun cartel de propostas da escena musical galega en exclusiva, moitas delas locais. Durante os días 23, 24 e 25 de xuño -o cal inclúe a noite e festividade de San Xoán- volverá á Illa das esculturas este evento tras o parón pandémico e no seu formato habitual aberto e de balde con recollida de alimentos. Hoxe dáse a saída a estas edición tan especial cunha festa de presentación en forma de concerto de Tony Lomba ás 22 horas en El Pequeño. Este ano o festival incluirá un novo escenario reservado para o público infantil, no que haberá contacontos, teatro e obradoiros infantís. A proposta inclúe un obradoiro sobre memoria histórica a cargo de García MC.

No cartel repiten moitos nomes doutros anos que sempre son ben recibidos polo público "surfer". Nun festival que sempre tivo a escena musical galega como referecia, este ano que só hai propostas galegas, o cartel é un auténtico escaparate dela cheo de diversidade e calidade. O xoves 23, primeiro día do festival, os concertos comezarán ás catro da tarde. Ortiga, Carlangas, Budiño, Ariezzz, Uncle Dog & The Homeboys, Wygga, Sebastian Black B2 B G Rich e YNGZ porán as músicas urbandas nas que se centra esta xornada inaugural. A segunda xornada, no festivo do 24, achegará os sons guitarreiros do rock en diferentes propostas e variedades, todas elas tamén galegas. Heredeiros da Crus abrirán a xornada en sesión vermut, tras do cal pasarán por Pontevedra Thee Blind Crows, Ruxe Ruxe, O Cadelo Lunático, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Maefield, Fondo Norte, Anxo Araujo, Gazela, Moura ou Dismal. Haberá sesións de Señora DJ, DJ Dinero, Carlos Crespo DJ e Kris K DJ. O sábado 25 o festival porá o peche a esta Xª edición con algúns artistas de nova fornada e ampla base de seguidores que ademais teñen como denominador común o uso da lingua galega: Grande Amore, Berto, Familia Caamagno, Terbutalina ou Boyanka Kostova. Ademais o cartel desta xornada inclúe a Queco Lago, Cora Velasco, Carlota Crey, The Rapants, Kings of the Beach, Copa Turbo, Playa Desmayo e Elephants e Paw.