Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Patricia Hermida recibe o premio á excelencia nos Iberian festival Awards
Patricia Hermida recibe o premio á excelencia nos Iberian festival Awards
marzo 28, 2022
Patricia Hermida, da empresa Dotbeat, representante de bandas como Agoraphobia, Heredeiros da Cruz ou Terbutalina; organizadora de eventos coma O Son dos Arrieiros na Estrada, Cabos Soltos en Pontevedra ou as Paisaxes sonoras no Barbanza recolleu en Lisboa o Premio á Excelencia desta edición dos Iberian festival Awards. Os galardóns recoñecen o traballo feito no sector dos festivais musicais na península no pasado ano. O premio outorgado a Hermida decídese por designación directa, consulta de asociados e consulta do xurado directamente, con el faise un recoñecemento "dunha personalidade cuxo papel, visión e enerxía en nome da industria dos festivais de música é dinámica, creativa, integradora e positiva", segundo recollen as bases. A persoa elixida dáse a coñecer directamente durante a gala.
Patricia Hermida é cofundadora da Asociación de Mujeres de la Industria Musical (MIM) e co-directora do Music Manager Forum Spain (MMF) e vice-presidenta da asociación matriz a nivel global, o International Music Manager Forum (IMMF), ademais, desde febreiro é a presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). Da cita anual con estes premios peninsulares que se entregaron este pasado día 26 nunha gala en Lisboa tamén saíu con premio o festival Son Rías Baixas, de Bueu. O evento levou o galardón á mellor estratexia de comunicación e marketing de entre os festivais españois do pasado ano. O festival SonRías Baixas está organizado desde a empresa Playplan, que están a resultar moi coñecidos do gran público polo feito de levar tamén a representación das Tanxugueiras.