Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Homenaxe a 'Narf' en Boiro

A DEPUTACIóN PRESENTARá UNHA PáXINA WEB SOBRE COA VIDA E TRAXECTORIA DO MALOGRADO MúSICO

Homenaxe a 'Narf' en Boiro

CANTAUTOR | setembro 23, 2021

imaxe non dispoñible

A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro acollerá este venres un acto en lembranza ao músico e compositor Fran Pérez 'Narf' (1968-2016), organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña e polo Concello de Boiro. Esta cita inclúe a presentación dunha páxina web que recolle a vida e traxectoria do artista e un concerto da banda Caldo, gañadora da pasada edición do concurso 'Narf' para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña.

Fran Pérez 'Narf' nunca tivo web propia, polo que a Deputación decidiu vincular unha páxina web ao que leva o seu nome, na que inclúe toda a información do concurso de grupos e artistas musicais xunto con cumprida información do artista, que reúne datos, imaxes e outros recursos que recompoñen a vida e obra deste creador nado en Silleda en 1968 e falecido en Santiago en 2016. A páxina web recolle o itinerario da súa traxectoria vital e artística, cunha biografía e unha liña do tempo, ademais da súa discografía, os vídeos máis destacados da súa andaina e máis dun cento de imaxes que amosan as distintas etapas da súa vida. Ata a Pousada da Galiza Imaxinaria, espazo co que estivo moi relacionado o propio 'Narf' ao longo da súa traxectoria musical, tamén acudirán o deputado de Cultura, Xurxo Couto, e a concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral. A capacidade para o acto está limitada a 50 persoas e a reserva previa de entradas está dispoñible na páxina web municipal do Concello de Boiro.

Ligazóns