Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Carme Penim fecha 2020 con Cantos de terra e sal

A CANTANTE ADAPTA DEZ TEMAS DA TRADICIóN AO SEU PARTICULAR ESTILO NESTE NOVO áLBUM

Carme Penim fecha 2020 con Cantos de terra e sal

FUSIóN | xaneiro 5, 2021

cantos_de_terra_sal_carme_penim.jpg

A coincidir co final do ano 2020, Carme Penim acaba de presentar Cantos de terra e sal, un disco no que achega dez novos temas. Neste proxecto a cantora afonda na mestura letras tradicionas con tons líricos e aires de jazz. Segundo explica a propia artista na presentación da obra, na base deste proxecto están os romances e cantos que coñeceu na súa infancia no Couto Mixto, "mestura de galego e castelán, traídos polos antigos seitureiros que saían traballar a Castela". Así, a obra aposta pola "fusión deses antigos cantares, así como dalgunhas cancións das máis coñecidas da súa terra, como Negra sombra, Camariñas ou Lela, arranxadas por ela" e "interpretadas na maneira ecléctica e sen fronteiras que caracteriza o traballo" de Penim.



datos do disco