Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Museo do Mar ofrece oito concertos no ciclo Mar de Cultura

UGIA PEDREIRA, GUADI GALEGO, DE VACAS, SILVIA PENIDE OU EMILIO RúA FORMAN PARTE DO CARTEL

O Museo do Mar ofrece oito concertos no ciclo Mar de Cultura

MISCELáNEA | decembro 2, 2020

imaxe non dispoñible

Dende hoxe, mércores 2, e ata o vindeiro domingo terá lugar no Museo do Mar de Vigo unha nova edición do ciclo de concertos Mar de Cultura, a cargo maioritariamente de artistas femininas. Oito actuacións conforman este ciclo de asistencia gratuíta pero que precisa reserva previa (a través de correo electrónico e máximo dúas entradas por petición) para o acceso dado ao restrinxidas das capacidades do recinto. Ugia Pedreira abre hoxe ás 18:00 horas o ciclo, mentres que mañá terá lugar a xornada Mar de Mulleres coas actuacións de De Vacas, Guadi Galego e Uxía e Felisa (Leilía), que se transmitirá en liña a través da páxina Facebook do Museo do Mar. Ailá, o venres, as cantautoras Silvia Penide e Carla López o sábado ás 18:00 e finalmente a actuación o domingo de Emilio Rúa como peche, completarán este ciclo que nesta ocasión quedará restrinxido para público da área de Vigo ante as restricións de mobilidade da Xunta de Galicia.