Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival da Luz tomará as leiras nunha edición especial dun só día

COA MúSICA DE ARTISTAS GALEGOS COMA PROTAGONISTA E CUNHA CAPACIDADE LIMITADA A 500 PERSOAS

O Festival da Luz tomará as leiras nunha edición especial dun só día

MISCELáNEA | agosto 19, 2020

imaxe non dispoñible

Lonxe de desanimarse coas malas expectativas o Festival de la Luz de Boimorto ven de anunciar a celebración o vindeiro día 12 de setembro dunha edición especial. Os campos arredor da casa da cantante Luz Casal en Boimorto acondicionaranse para a Edición Leiras coa que o evento non quere deixar baleiro neste 2020. No formato que a organización ven de presentar entrarán 500 persoas, que se situarán nunha distribución por asentos de entre 2 e 10 persoas que son chamadas "leiras" e separadas entre sí na disposición do recinto. O cartel estará íntegramente conformado por artistas de moi diversos xéneros da escena musical galega, Eladio y los seres queridos, Terbutalina, Susana Seivane, BoyankA KostovA, Agoraphobia, Monoulious DOP e LAU. A recadación das entradas, sempre con carácter solidario, irá a parar á Cruz Vermella Galicia.

Ligazóns