Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Náutico de San Vicente selecciona os oito proxectos musicais gañadores do certame Sonidos Mans

A ARTISTA FRANCESA ASENTADA EN GALICIA MOUNQUP ENTRE OS VENCEDORES DO CONCURSO DA FUNDACIóN PAIDEIA

O Náutico de San Vicente selecciona os oito proxectos musicais gañadores do certame Sonidos Mans

MISCELáNEA | maio 29, 2020

imaxe non dispoñible

De entre un total de 25 finalistas, 8 son as propostas ganadoras do concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans. De entre as oito só unha delas, Mounqup, está vencellada á escena musical galega. é o proxecto de Camille Hédouin, co que está artista de orixe francés asentada en Galicia acadou xa o Premio Martín Códax de música Electrónica en 2018 e previamente o Premio Fran Pérez Narf da Deputación da Coruña cantando en galego. Ademais dela resultaron seleccionados Mississipi Queen & The Wet Dogs (Vizcaya); The Amsterdammers (Madrid); Adam Guerrero (Sevilla); Joseph (Barcelona); The Death of Robert (Barcelona); Guineu (Barcelona); Bosnio (Murcia). Esta nova edición do concurso, marcada pola crise da COVID-19, non puido contar coa habitual colaboración dos 8 festivales galegos nos que os grupos ganadores realizaban actuacións en directo. Pese ás dificultades, desde a Fundación Paideia Galiza - Estudos Mans decidiuse continuar apostando pola música en directo anunciando a colaboración do Náutico de San Vicente (O Grove), un local emblemático da música nacional. Miguel de la Cierva, do Náutico seleccionou ás 8 bandas emerxentes ganadoras de entre os 25 finalistas seleccionados por un xurado profesional composto por: Paco Loco, Keina García e Ángel Carmona, e por unha votación publica desde a web da plataforma. As bandas premiadas terán a oportunidade de gravar en Estudos Mans, ademais de escoller entre a posibilidade de tocar este verán no Náutico ou un bono de merchandising por valor do caché da actuación.

O obxectivo da plataforma Sonidos Mans, é facilitar aos grupos e solistas que están comezando a súa carreira, unha ferramenta de difusión do seu traballo. Esta iniciativa está enfocada a poñer en valor e dar visibilidade ao talento da mocidade emprendedora no sector musical. Enmárcase nas liñas de traballo da Fundación Paideia e de Estudos Mans dirixidas ao fomento do emprendemento musical. Ademais da promoción de bandas emerxentes, desde Estudios Mans tamén se traballan outras áreas como a gravación, con propostas dirixidas ás músicas/os emprendedoras/es, ou a formación dirixida a que as/os artistas poidan poñer en marcha o seu proxecto musical a través de diferentes ferramentas que lles permitan profesionalizarse e deseñar o seu plan de negocio.