Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / MJ Pérez amplía rexistro con A luz prendida

A ARZUá INICIA A XIRA DE PRESENTACIóN DO SEU NOVO TRABALLO

MJ Pérez amplía rexistro con A luz prendida

CANTAUTOR | marzo 3, 2020

luz_prendida_mj_perez.jpg

Un proxecto autoeditado e autoproducido, no que a autora desenvolveu mesmo o deseño gráfico. Esta é a proposta de MJ Pérez para A luz prendida o seu cuarto álbum (segundo de estudio) que saíu á venda este 1 de marzo. A cantautora presenta quince temas nos que amplía o seu rexistro musical a explorar ritmos latinos, toques folk ou orientacións cara á música do mundo, indo para alén do seu pop-rock máis habitual.

O álbum, gravado nos Drum & Roll Studios, recolle tamén o single Vai embora!, primeiro tema cantado en portugués de Pérez. Metais, cordas e percusións combínanse coa aposta por letras persoais e comprometidas nun proxecto no que "a luz, en todas as súas formas, actúa como concepto transversal. Temas independientes entre si pero con conceptos cruzados que van tecendo un fío ao longo do disco que une todas as cancións no seu total", segundo explica o texto de presentación.

O concerto de presentación do novo proxecto desenvolveuse na Feira do Queixo de Arzúa este 1 de marzo. A xira continuará o vindeiro día 12 no Círculo das Artes de Lugo, o 14 na V Feira do Disco e Libro Galego de Monterroso, o 29 na Sala Capitol de Compostela e o 18 de abril en Ribadeo.




datos do disco
Ligazóns