Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Emilio Rúa presenta en Mondoñedo Novelovento

O MúSICO PARTICIPA NOS ACTOS DE HOMENAXE A CUNQUEIRO QUE SE DESENVOLVEN ESTE 28 DE FEBREIRO

Emilio Rúa presenta en Mondoñedo Novelovento

CANTAUTOR | febreiro 28, 2020

novelovento_emilio_rua.jpg

Ao longo deste venres 28 de febreiro o Concello de Mondoñedo celebra unha homenaxe a Álvaro Cunqueiro. Na mesma, para alén dunha maratón de lectura de Merlín e familia e dunha ofrenda floral, desenvolverase o nomeamento de Víctor F. Freixanes como "Cunqueiriano de honra". No programa inclúese tamén a presentación de Novelovento, novo disco de Emilio Rúa no que o músico adapta catorce poemas que o mindoniense publicou na súa obra Herba aquí ou acolá. O volume, publicado en formato libro-CD ve a luz da man da editorial Galaxia.

datos do disco