Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A comunidade Hip Hop em galego seleccionou os mellores temas de 2019

RUGIR DA JUNGLA DE REBELIOM NO INFRAMUNDO FOI ESCOLLEITA COMO A MELLOR CANCIóN DESTE ESTILO

A comunidade Hip Hop em galego seleccionou os mellores temas de 2019

HIP-HOP | xaneiro 30, 2020

imaxe non dispoñible

O traballo de Rebeliom no Inframundo co produtor Baghira no tema Rugir da Jungla valeulle ao grupo erixirse como autores da mellor canción de Hip Hop na nosa lingua de 2019. A comunidade Hip Hop em galego escolleu mediante votación e interacción nas redes os seus dez temas favoritos entre unha selección. Segundo sinalan os responsables desta comunidade virtual, Rugir da Jungla supón "a mostra total do potencial e do impacto que supón a Rebeliom do Inframundo para a cultura galega", cun "traballo audivisual que con maiusculas podemos dicir que representa a CALIDADE do rap en galego".

Canda a estes, Voz da Resistencia, de SonDaRúa e A catapulta de DIOS KE TE CREW ocupan o segundo e o terceiro posto da selección dun ano no que, segundo proclama a páxina, o Hip Hop na nosa lingua "incrementou a súa representación e a súa produción musical, superando os 180 temas grazas a diversas artistas e grupos, mc's, dj's e produtores".