Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Quince propostas compiten polo premio MIN ao mellor álbum en galego
Quince propostas compiten polo premio MIN ao mellor álbum en galego
xaneiro 28, 2020
Desde este 27 de xaneiro e ata o vindeiro dez de febreiro está aberto prazo de votacións populares para seleccionar os semifinalistas dos XII Premios MIN da Música Independente. Na categoría de mellor álbum en galego atópanse este ano quince propostas de diferentes estilos. A Banda da Loba, Boyanka Costova, Budiño, Dios Ke Te Crew, Evoéh, Faia, Familia Caamagno, Grilo, Heredeiros da Crus, Marcelo Dobode, Os amigos dos músicos, Pandeireteiras de Verducido, Sés, Son Trío e Tanxugueiras son os aspirantes a recibir os votos, que se poden emitir no web do certame. A estas súmanse outras propostas do país en diferentes categorías, como poden ser Agoraphobia, Xacobe Martínez Antelo, Najla Shami ou Alba Messa entre moitos outros.
Tamén che pode interesar:
- 16/ 12/ 2021 | A folktrónica de Baiuca aspira a mellor disco estatal do 2021
- 6/ 3/ 2020 | Germán Díaz e Tanxugueiras aparecen como favoritos nos Premios Opinión de Música de Raíz
- 28/ 2/ 2020 | Cinco bandas finalistas compiten polo Premio MIN de mellor disco en galego de 2019
- 2/ 6/ 2014 | Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk
- 22/ 5/ 2014 | Triángulo de Amor Bizarro aspira a 5 dos Premios da Música Independente