Ti estás aquí > Inicio / DISCO / aCentral Folque lanza Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade
aCentral Folque lanza Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade
decembro 12, 2019
Xavier Groba asina o último lanzamento de aCentral Folque na súa colección Chave Mestra. Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade é un libro-CD que recolle un cancioneiro musical inédito do homenaxeado no Día das Letras deste 2019, unha colección de partituras de Cotobade compilada por Saturnino Cuiñas e gravacións dos traballos de campo realizados na zona por investigadores como Alan Lomax, Gustav Henningsen ou María Vidal entre outros.
A obra conta cun estudo do musicólogo Xavier Groba na que supón a primeira análise en profundidade da tradición musical deste territorio. As transcricións realizadas por José Luís do Pico, os textos das pezas recollidas e unha selección de 70 fotografías orixinais completan o volume de 240 páxinas. O Consello da Cultura Galega acolle a presentación desta obra na tarde do 12 de decembro.
Tamén che pode interesar:
- 27/ 12/ 2021 | Un libro-CD recolle a historia e sons das pioneiras Pandereteiras de Mens
- 14/ 3/ 2018 | aCentral Folque recupera o legado de Maruxa das Cortellas
- 27/ 10/ 2017 | Alejandro Vargas, Rosa Cedrón e Camerata Egeria homenaxean a Chané
- 14/ 9/ 2016 | aCentral Folque publica Cantos de cego de Galiza e Portugal
- 29/ 10/ 2015 | aCentral Folque recupera o legado de Xoán Tilve